No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 60, do 26 de marzo de 2018, publicáronse as bases reitoras e a convocatoria dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público dos anos 2014, 2015 e 2016, posteriormente rectificadas polo Acordo da Xunta de Goberno local do 18 de maio de 2018, que foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 109, do 7 de xuño de 2018.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de apertura do prazo de presentación de solicitudes no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra para o caso das prazas de persoal laboral pola quenda de promoción interna, e no Boletín Oficial del Estado para o caso das prazas de funcionarios de carreira –tanto pola quenda libre como por promoción interna– e para as prazas de persoal laboral pola quenda libre.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org.
Vigo, 13 de xuño de 2018
O alcalde
P.D. (decretos e acordos de 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal