Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30612

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación da conta xeral orzamentaria de 2017.

Unha vez rendida a conta xeral para o exercicio de 2017 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión do 13 de xuño de 2018, xunto co ditame e documentos que a xustifican, exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal, por un prazo de 15 días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que coiden oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Portomarín, 19 de xuño de 2018

Juan Carlos Serrano López
Presidente