Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

AUTO de aclaracion de sentenza (910/2017).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 910/2017, por instancia de Marta Vidal Varela contra a empresa Ediciones Lenda, S.L., o seu administrador concursal, Grupo Lenda, S.L., Ministerio Fiscal, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou auto de aclaración de sentenza, con data do 9.3.2018, que copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva

S.S.ª acorda:

Procede a aclaración solicitada. E, en consecuencia, o feito probado primeiro quedará do teor literal seguinte:

Marta Vidal Varela vén prestando servizos para a empresa Ediciones Lenda, S.L. con antigüidade do 19 de decembro de 2006, categoría de teleoperadora, percibindo un salario mensual de 1.103,99 euros con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ediciones Lenda, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xuño de 2018

A secretaria xudicial