Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30555

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1462/2016).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de privación de patria potestade, seguido por instancia de Virginia Calviño Cancela fronte a Alfredo Antón Martínez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 64.

Vigo, 12 de febreiro de 2018.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1462/2016, sobre xuízo ordinario sobre privación da patria potestade, en que actuou como demandante Virginia Calviño Cancela, representada polo procurador dos tribunais Ricardo Estévez Cernadas e con asistencia letrada de Carlos Freire Estévez, contra Alfredo Antón Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución.

Estimo na súa integridade a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Estévez Cernadas, en nome e representación de Virginia Calviño Cancela, contra Alfredo Antón Martínez, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía, e decreto a privación total da patria potestade de Alfredo Antón Martínez respecto dos seus fillos menores Virginia e Alfredo Antón Calviño.

Así que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento da menor para os efectos oportunos, e déixese constancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa constancia en autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Alfredo Antón Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de lle que sirva de notificación en forma.

Vigo, 5 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza