Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30553

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (491/2016).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento JVB 491/2016, seguido por instancia de Valentín Capeáns Arufe fronte a Faustino Arufe Pensado e Áurea Arufe Pensado, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 15/2018

Xuízo ordinario nº 491/2016

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Valentín Capeáns Arufe

Avogado: Sr. Alonso de la Peña

Procurador: Sr. Núñez Blanco

Demandado 1: Faustino Arufe Pensado 2

Avogado: Sra. Villar Fernández

Procurador: Sra. Vidal Viñas

Demandado 2: Áurea Arufe Pensado (en rebeldía)

Obxecto: petición de herdanza, preterición.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018.

Fallo.

Estimo parcialmente a demanda presentada por Valentín Capeáns Arufe contra Faustino Arufe Pensado e Áurea Arufe Pensado e, en consecuencia, declaro que os dereitos que corresponden a Valentín Capeáns Arufe na herdanza da súa avoa Dolores Pensado Freire son os derivados do dereito de representación correspondente e, por tanto, ten dereito ao que por lexítima lle corresponda segundo o previsto no indicado testamento, nos termos da súa cláusula terceira, con desestimación do resto de pedimentos contidos na demanda. Todo isto sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interporse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberase acreditar ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso. Sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Áurea Arufe Pensado, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza