Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (910/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 910/2017 por instancia de Marta Vidal Varela contra a empresa Ediciones Lenda, S.L., o seu administrador concursal, Grupo Lenda, S.L., o Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 19 de febreiro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Marta Vidal Varela contra a empresa Ediciones Lenda, S.L., o seu administrador concursal, Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. (desistida), con intervención do Ministerio Fiscal e do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase a nulidade do despedimento efectuado pola demandada, Ediciones Lenda, S.L., á demandante.

– Condénase a empresa Ediciones Lenda, S.L. á inmediata readmisión da demandante nas mesmas condicións existentes con anterioridade, con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón de 36,30 euros diarios, e vincúlase tal declaración ao administrador concursal.

– Condénase a Ediciones Lenda, S.L. a aboar a Marta Vidal Varela a cantidade de 10.000 euros en concepto de indemnización por danos morais, e vincúlase tales cantidades ao administrador concursal.

– Condénase a Ediciones Lenda, S.L. a aboar a Marta Vidal Varela a cantidade de 701,27 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento, e vincúlase tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ediciones Lenda, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza