Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 191/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 191/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 238/2015

Sobre ordinario

Demandante: Concepción Otero Sigüeiro

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Obradoiro de Socioloxía, S.L., Fogasa

Avogados: María del Pilar Leis Puñal, letrado/a de Fogasa

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no proceso seguido por instancia de Concepción Otero Sigüeiro contra Obradoiro de Socioloxía, S.L. se acordou notificar a parte dispositiva do auto e do decreto, ambos do 23 de outubro de 2017, ditados no procedemento ETX 191/2017 a Obradoiro de Socioloxía, S.L., en ignorado paradoiro.

Auto.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Concepción Otero Sigüeiro, contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., parte executada, por importe de 14.997,50 euros en concepto de principal máis outros 1.499,75 euros de xuros e custas provisionalmente calculados para a execución.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª.

A maxistrada xuíza.

Decreto:

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Obradoiro de Socioloxía, S.L., dar audiencia previa á parte executante, Concepción Otero Sigüeiro, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente no ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0191 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo «Concepto» deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0191 17. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación a Obradoiro de Socioloxía, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza