Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30536

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2018 pola que se concede unha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, convocada pola Resolución do 15 de febreiro de 2018 e se establece a lista de reserva.

Mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2018 (DOG núm. 41, do 27 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas, de acordo cos criterios fixados no artigo 7 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 19.2 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle a bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios á persoa beneficiaria que se relaciona no anexo I desta resolución.

A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

Segundo. Establecer a lista de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

Terceiro. Inadmitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo III desta resolución, por non cumprir cos requisitos exixidos.

Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro do establecido nos artigos 6 e 17 das bases reguladoras (anexo IV).

Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.481.0, «axudas e convenios para as organizacións de consumidores» e 09.80.613A.484.0, «cotas Seguridade Social bolseiros» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2018, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das cotas da Seguridade Social.

A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2018.

Sexto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Despois de transcorrer o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declara en ningún sentido, entenderase que renuncia á bolsa.

No caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa, non se poida incorporar por calquera outro motivo ou renuncie á bolsa, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da orde de prelación.

Sétimo. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 24 das bases reguladoras, «Obrigas da persoa beneficiaria».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíqueselles esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO I

Persoa beneficiaria da bolsa de formación para o programa de traballo

do Consello Galego de Consumidores e Usuarios

Nº expediente

Solicitante

IN118A/18/17

López Bustabad, Ignacio Javier

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes

que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida

Nº expedente

Nome

Apelidos

1

IN118A/18/18

Paula

Lorenzo L. Carballal

2

IN118A/18/6

Nidia Esther

Aquino Aquino

3

IN118A/18/19

Ángel

Rodríguez Escribano

4

IN118A/18/7

Sara

Rodil Davila

ANEXO III

Lista de solicitudes non admitidas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s non admisión

IN118A/18/3

Santos Pardo

Iria

Artigo 5.f) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego

IN118A/18/12

Rodríguez Morodo

María

Artigo 5.c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de graduado/a, en Dereito

IN118A/18/14

Cacabelos Torres

Mar

Artigo 5.j) Estar ao día no pagamento de obrigas coa AEAT

IN118A/18/15

Álvarez Alcaraz

Raquel

Artigo 5.d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego

IN118A/18/21

González Brey

Cristina

Artigo 5.d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego

ANEXO IV

Lista de solicitudes desestimadas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s de desestimación

IN118A/18/13

Abal Rodríguez

Beatriz

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/2

Barrera Toba

Carlota

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/20

Piñeiro Rodríguez

Miriam

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/8

Seren Reija

Paula

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/16

Fernández Garrido

Rebeca

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/5

García Clemente

Irene

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/4

Dacunha Pazos

Alberto

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/9

Pazos Pérez

Juan Manuel

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/11

Rey Giao

Catherin

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/1

Rodríguez Paredes

María de las Nieves

Artigo 17.3 das bases reguladoras

IN118A/18/10

Canabal Cerdeira

Noemí

Artigo 17.3 das bases reguladoras