Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30532

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2018 pola que se concede unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, convocada pola Resolución do 15 de febreiro de 2018 e se establece a lista de reserva.

Mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2018 (DOG núm. 41, do 27 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas, de acordo cos criterios fixados no artigo 7 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 19.2 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle a bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, á persoa beneficiaria que se relaciona no anexo I desta resolución.

A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

Segundo. Establecer a lista de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

Terceiro. Inadmitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo III desta resolución, por non cumprir cos requisitos exixidos no artigo 5 das bases reguladoras.

Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro do establecido nos artigos 6 e 17 das bases reguladoras (anexo IV).

Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.480.0, «formación en materia de educación para o consumo responsable» e 09.80.613A.484.0, «cotas Seguridade Social bolseiros» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2018, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das cotas da Seguridade Social.

A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2018.

Sexto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Despois de transcorrer o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declara en ningún sentido, entenderase que renuncia á bolsa.

No caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa, non se poida incorporar por calquera outro motivo ou renuncie á bolsa, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da orde de prelación.

Sétimo. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 24 das bases reguladoras, «Obrigas da persoa beneficiaria».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíqueselle esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO I

Persoa beneficiaria da bolsa de formación na Escola Galega do Consumo

Nº expediente

Solicitante

IN117A/18/9

Rodríguez Torres, Isabel

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes

que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida

Orde

Nº expediente

Solicitante

1

IN117A/18/4

Pérez Rodríguez, Clara

2

IN117A/18/23

Rodríguez Morodo, María

3

IN117A/18/15

Mantilla García, Vanesa

4

IN117A/18/22

Cortiñas Pérez, Miriam

5

IN117A/18/11

Vila Ferreiro, Óscar

6

IN117A/18/17

González Pena, Adela

7

IN117A/18/5

Blanco Novoa, Ángel

ANEXO III

Lista de solicitudes non admitidas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s non admisión

IN118A/18/1

Barrera Toba

Carlota

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/3

Santos Pardo

Iria

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/6

Dacunha Pazos

Alberto

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/7

Riveiro Francisco

Verónica

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/12

Mouriño Castro

Idoia

Artigo 5.d) das bases reguladoras

IN118A/18/13

Cabral Mo

Soledad

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/14

Castro García

Raquel

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/16

Pazos Pérez

Juan Manuel

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/18

Canabal Cerdeira

Noemí

Artigo 5.c) das bases reguladoras

IN118A/18/28

Alonso Salgado

Cristina

Artigo 5.c) das bases reguladoras

ANEXO IV

Lista de solicitudes desestimadas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s de desestimación

IN118A/18/27

Díaz Vázquez

Elvia

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/25

Eirís Rey

Ana

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/21

García Fernández

Alberto

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN117A/18/26

López Fernández

Raquel

Artigo 17.3 das bases reguladoras

IN118A/18/2

Martínez Corral

Antía

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/31

Morado Vázquez

Beatriz

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/19

Moreira Lavandeira

María del Carmen

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/10

Mosquera Vázquez

Arantzazu

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/20

Palmeiro Ojeros

Tatiana

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/30

Ramos Martínez

Diana

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/29

Rodríguez Doutón

Jorge Esteban

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN118A/18/8

Rodríguez García

María

Artigos 6 e 17 das bases reguladoras

IN117A/18/24

Vázquez Agulla

Laura

Artigo 17.3 das bases reguladoras