Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 937/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 937/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria Sexto Lorenzo contra a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 937/2015, en que foron parte, dun lado, como demandante, Nuria Sexto Lorenzo, asistida polo letrado José Manuel Pérez Mouzo, e como demandado, Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolución.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Nuria Sexto Lorenzo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 9.164,27 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Representaciones, Servicios y Asesoría, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza