Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (354/2016).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 354/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bernardino Ponte Juncal contra a empresa Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.A., Administrador Concursal Segur Ibérica, S.A. y Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución se xunta:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Bernardino Ponte Juncal, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Prosenorsa, S.L., en situación de concurso, a que aboe ao demandante a cantidade de 1.137,60 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Apróbase a desistencia respecto da entidade Segur Ibérica, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza