Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29832

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1056/2017).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de Iris Yesenia Clemente González fronte a Gregorit Jesús Solórzano Caraballo, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio.

Sentenza nº 256/2018.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 15 de maio de 2018.

Vistos os presentes autos nº 1056/2017 sobre divorcio, promovidos polo procurador Sr. Baltar, en nome e representación de Iris Yesenia Clemente González, como demandante, asistida polo letrado Sr. García, fronte a Gregorit Jesús Solórzano Caraballo, declarado en rebeldía.

Resolución.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Iris Yesenia Clemente González e Gregorit Jesús Solórzano Caraballo, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal e deberase constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

A maxistrada xuíza».

E ao estar o dito demandado, Gregorit Jesús Solórzano Caraballo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 28 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza