Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, por medio deste edicto anuncio que neste procedemento de divorcio contencioso núm. 143/2017, ditouse unha sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Seguen os antecedente de feito e os fundamentos de dereito.
Resolución:
Acordo a disolución do matrimonio formado por Hayat Rochdi Hardi e Noredinne Hajji, con todos os efectos legais inherente á dita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:
a) Atribúeselle á nai a garda e custodia das menores Wissal e Sara.
b) Atribúeselle á nai o exercicio exclusivo da patria potestade das menores.
c) Suspéndese o réxime de visitas que Noredinne Hajji puidera ter coas súas fillas.
d) En concepto de alimentos a favor das súas fillas establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco primeiros días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de douscentos euros (200 €) (100 € para cada unha das fillas), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou o índice que o substitúa con data do 1 de xaneiro. Así mesmo, impónselle a obriga de sufragar o 50 % dos gastos escolares que se xeren ao inicio do curso escolar (de libros e material escolar) e o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) en que non é necesario o consentimento previo das partes e os non necesarios, en que haberá que consensuar os ditos gastos. Entenderase prestada a conformidade se, requirido un proxenitor polo outro de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixase transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer ningunha manifestación. No requirimento que realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá poñer polo miúdo o gasto concreto que precise a filla e xuntar o orzamento en que conste o nome do profesional que o expida.
Non se lle impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.
Esta sentenza non é firme. Conforme o que dispón o artigo 208.4 LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss da LAC) ante este tribunal. Haberá que constituír o depósito legalmente establecido».
E ao se atopar o dito demandado, Noredinne Hajji, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto con fin de que lle sirva de notificación de forma legal.
Ourense, 22 de maio de 2018
A letrada da Administración de xustiza