Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 978/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 978/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Souto Sanjurjo contra a empresa Serpremiga, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 978/2015, en que foron parte, dun lado, como demandante, José Luis Souto Sanjurjo, asistido polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandado, Serpremiga, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Resolución

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Luis Souto Sanjurjo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Serpremiga, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 10.824,41 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Serpremiga, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza