Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29659

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación de solo de núcleo rural de Río Mouro Pequeno, do concello de Poio.

O Concello de Poio achega o texto refundido da modificación puntual do PXOM respecto da delimitación de solo de núcleo rural de Río Mouro Pequeno (DSNR) e solicita a súa aprobación definitiva conforme o previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG) en relación co artigo 93.4.

Segundo a disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva segundo o teor das normas procedementais e determinacións dispostas na Lei 9/2002. A competencia para a súa aprobación rexerase polo réxime establecido na LSG.

Analizado o texto refundido da DSNR Río Mouro Pequeno redactado por AD Plan, Arquitectura, Diseño y Planeamiento SLP, arquitecto Alfredo Díaz Grande, en maio de 2016, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1.1. O Concello de Poio conta cun plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente o día 28.7.2000 (BOP do 4 de agosto e DOG do 6 de setembro).

1.2. Por Acordo do 11.8.2015 da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo, iníciase a tramitación do proxecto de modificación puntual do PXOM de Poio para a delimitación do núcleo rural de Río Mouro.

1.3. A MP foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno do 27.10.2015; foi sometida a información pública durante 1 mes mediante publicación de anuncios nos xornais Faro de Vigo do 26.11.2015 e Diario de Pontevedra do 25.11.2015, e no DOG do 14.12.2015, sen que se presentase ningunha alegación.

1.4. No expediente constan informes sectoriais de:

• Augas de Galicia, de 15.12.2015 (favorable condicionado) e 23.2.2016.

• Informe da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 28.1.2016.

• Instituto de Estudos do Territorio do 25.9.2015, 24.2.2016 e 14.2.2017.

• Informe da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do 3.3.2017.

• Non consta recepción dos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (solicitado o 26.11.2015) e da Subdelegación do Goberno (solicitado o 14.9.2016).

1.5. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Pleno do Concello nas sesións dos días 23.2.2016 e 7.6.2016.

1.6. O 28.6.2016 o Concello remite o proxecto da MP á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a súa aprobación definitiva e requíreselle completar a integridade documental nas datas 28.7.2016, 14.6.2017 e 13.9.2017.

1.7. Mediante oficio do 26.9.2017 solicitouse a Augas de Galicia a ampliación do informe emitido os días 15.12.2015 e 26.2.2016, respecto da suficiencia dos recursos hídricos, sen que se recibira.

1.8. A modificación foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno do 27.3.2018.

1.9. O día 4.4.2018 achégase o texto revisado da delimitación do solo de núcleo rural, documentación do expediente administrativo e os informes sectoriais recibidos:

– Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do 4.10.2017.

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 16.10.2017.

– Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 7.11.2017.

– Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 24.1.2018 e 22.2.2018.

II. Obxecto da modificación puntual.

II.1. A proposta ten como obxecto o recoñecemento e delimitación do asentamento de Río Mouro Pequeno como núcleo rural histórico tradicional, ao abeiro da disposición adicional segunda da LOUG, para regularizar e posibilitar as rehabilitacións, ampliacións e futuras edificacións, así como novos usos, en concreto o desenvolvemento dun complexo de aldea de turismo rural.

II.2. No cadro de núcleos do PXOM, consta Río Mouro, pero non Río Mouro Pequeno, que tampouco aparece recoñecido como entidade poboacional no Nomenclátor oficial de Galicia, onde aparece unicamente Río Mouro.

Porén, dado o carácter tradicional das edificacións e a documentación histórica achegada, queda xustificada a súa preexistencia a partir dun casal familiar con diversos elementos de interese patrimonial.

O ámbito delimitado conta cunha superficie de 9.003,00 m2, e contén actualmente 3 vivendas tradicionais, 3 vivendas sen rematar e 2 ruínas.

III. Análise e consideracións.

III.1. A delimitación do núcleo responde aos criterios do artigo 13 da LOUG, tendo en conta o número de edificacións, a densidade de vivenda, o grao de consolidación, a tipoloxía histórica tradicional, a estrutura da propiedade e as condicións topográficas.

III.2. Xustifícase o grao de consolidación mínimo exixido no artigo 13.3.a) da LOUG.

III.3. A documentación achegada responde aos requirimentos realizados.

De conformidade co artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación do solo de núcleo rural corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural de Río Mouro Pequeno, no concello de Poio (Pontevedra).

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file