Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29664

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2018

Título

Obxecto

Data sinatura

Achega económica
da Consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Escola Galega de Administración Pública, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da CMAOT, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes.

12 de xaneiro de 2018

Sen achega económica

Addenda pola que se modifica con carácter transitorio o acordo de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España, S.A. para a recuperación de residuos de envases lixeiros e papel/cartón en plantas de tratamento de fracción resto.

Modificar, con carácter transitorio e polo tempo que se sinala, o acordo de colaboración, asinado en data 30 de setembro de 2016, entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembes para a recuperación de residuos de envases lixeiros e papel/cartón en plantas de tratamento de fracción resto.

26 de febreiro 2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia, e Sigre Medicamento e Medio Ambiente, S.L. para o seguimento do sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases usados que asume tamén a xestión dos residuos de medicamentos e outros produtos adheridos que se xeren en Galicia.

O seguimento por parte da Xunta de Galicia da xestión dos residuos de envases de medicamentos, residuos de medicamentos e produtos de parafarmacia que SIGRE realiza na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o seguimento do cumprimento dos obxectivos xerais de redución, reciclaxe e valorización previstos na Lei 11/1997, do 24 de abril de envases e residuos de envases e demais normativa de aplicación no devandito ámbito territorial por parte de SIGRE.

9 de marzo de 2018

Sen achega económica

Segunda addenda de modificación para o exercicio 2018, en relación co pacto ambiental subscrito entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a empresa Ence Energía y Celulosa, S.A. o 28 de xuño de 2016 e co convenio de colaboración subscrito entre as mesmas partes o 28 de xullo de 2016.

Modificación do pacto ambiental e do convenio de colaboración para o exercicio 2018.

19 de marzo de 2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecoembalajes España, S.A. e as Universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, para o desenvolvemento da estratexia de economía circular 2018-2030.

Colaborar na organización e realización de actividades comúns que permitan a realización de traballos de investigación, análise, estudo, formación, difusión de información e planificación de actuacións que, nas diversas áreas ou sectores, favorezan a transición da Comunidade Autónoma de Galicia cara a unha auténtica economía circular, así como o establecemento dos mecanismos que permitan a activa participación destas institucións na elaboración da futura Estratexia de economía circular de Galicia 2018-2030 a través das actividades desenvolvidas nos ámbitos da investigación, a docencia e o estudo.

19 de marzo de 2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) para o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2018 en Galicia.

Desenvolvemento da campaña Bandeira Azul 2018 en Galicia.

10 de xaneiro de 2018

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas da Biosfera, Xornadas de traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o CEIDA para a realización das Xornadas Internacionais de Educación Ambiental, dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, Xornadas de traballo conxunto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

10 de xaneiro de 2018

56.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Asociación CEMMA para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e estudo das causas de morte destes animais.

24 de xaneiro de 2018

80.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento dunha aplicación informática para a xestión integral de axudas tramitadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Amtega para o financiamento e sustentabilidade dunha aplicación para a xestión integral das axudas que tramita a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

25 de xaneiro de 2018

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a entidade colaboradora de Sociedade de Caza e Pesca de Verdeseixo.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMAOT e a entidade colaboradora Sociedade de Caza e Pesca de Verdeseixo para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais.

12 de febreiro de 2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido da conservación da natureza.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a CMAOT e a USC, para o desenvolvemento de actuacións conxuntas no eido da conservación da fauna acuática no Centro Ictioxénico do Veral.

16 de abril de 2018

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ourense para as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte en Ourense.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reforma e adaptación da Alameda da Ponte en Ourense.

22 de xaneiro de 2018

263.483,77 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o Concello de Lugo para dotar de equipamento escénico o Auditorio de Lugo.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lugo, para levar a cabo as actuacións necesarias para a dotación de equipamento escénico ao Auditorio de Lugo.

28 de decembro de 2017

3.755.050,16 €

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Melide para obras de reforma e posta en valor do cantón de San Roque e avda. de Lugo, Camiño de Santiago.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

1 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baltar para as obras de adecuación e mellora do contorno da Casa do Concello no núcleo urbano de Baltar.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

1 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Maceda para as obras de acondicionamento das rúas da Pena, da Cruz, do Perigo e da travesía do Buratiño no núcleo de Maceda.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

1 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vilardevós para a pavimentación das beirarrúas na rúa Eixido e no núcleo de Berrande en Vilardevós.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

1 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de A Bola para as obras de acondicionamento de zonas libres e paseos no núcleo de Podentes (Zona 3).

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

7 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 4 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baiona para a actuación no contorno da praza Victoria Cadaval e no tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porta do Sol enmarcada na fase II do concurso de ideas Humanización da Travesía interior de Sabarís en Baiona.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a cláusula oitava –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

23 de marzo de 2018

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mañón para a reurbanización de viarios na zona de Mogor (O Barqueiro).

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mañón, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reurbanización de vías na zona de Mogor (O Barqueiro).

11 de abril de 2018

35.586,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a humanización interior do núcleo urbano de Padrón.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Padrón que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización interior do núcleo urbano de Padrón.

11 de abril de 2018

61.526,58 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mondoñedo para a reparación de pavimentación no barrio dos Muíños, cruzamento entre a rúa San Roque, estrada a Argomoso e avda. Bispo Fernández de Castro.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reparación de pavimentación no barrio dos Muíños, cruzamento entre a rúa San Roque, estrada a Argomoso (PR-31-02) e avda. Bispo Fernández de Castro.

11 de abril de 2018

11.859,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Cañiza para a humanización das rúas Carballeira e Progreso.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización das rúas Carballeira e Progreso.

11 de abril de 2018

25.934,65 €

Convenio de colaboracion entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vilasantar para o acondicionamento da rúa Foro en Présaras.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vilasantar, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da rúa Foro en Présaras.

11 de abril de 2018

45.753,24 €