Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29332

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (129/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase a Carlos Rodríguez Míguez a sentenza ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 529.

En Vigo o dezasete de novembro de dous mil dezasete.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 129/2017 sobre disolución por matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante María José Rodríguez López, representada polo procurador dos tribunais Manuel Castells López e con asistencia letrada de María Patricia Ramilo Cabral, contra Carlos Rodríguez Míguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Castells López, en nome e representación de María José Rodríguez López, contra Carlos Rodríguez Míguez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, cos efectos legais inherentes á devandita declaración, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Rodríguez López, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Rodríguez Míguez poderá relacionarse coa súa filla cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo o decidan entre eles.

Terceiro. O Sr. Rodríguez Míguez satisfará en concepto de alimentos para as súas fillas a cantidade de 360 euros mensuais, que se ingresarán na conta corrente que para o efecto designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, así como os demais gastos extraordinarios que xeren as súas fillas, entre os que non se inclúen matrícula, comedor e transporte escolar, libros de texto e material escolar, uniformes nin actividades extraescolares.

Quinto. Atribúese á Sra. Rodríguez López o uso da vivenda e enxoval familiar.

Sexto. Recoñécese a favor da Sra. Rodríguez López unha pensión compensatoria por importe de 200 euros mensuais, que aboará o Sr. Rodríguez dentro dos cinco primeiros días do mes na conta corrente que aquela designe e que se actualizará anualmente conforme as variacións que o experimente o índice de prezos de consumo.

Non se fai expresa imposición de custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Asinado e rubricado».

Vigo, 10 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza