Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (718/2014).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 718/2014 por instancia de Héctor Bardanca Valencia contra a empresa Enzo Pizzería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 22 de maio de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Héctor Bardanca Valencia fronte á empresa Enzo Pizzería, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Enzo Pizzería, S.L. a aboar a Héctor Bardanca Valencia a cantidade de catro mil douscentos corenta e sete euros con setenta e tres céntimos de euro (4.247,73 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Enzo Pizzaría, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2018

O secretario xudicial