Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (29/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 29/2016 por instancia de Carmen María Fraga Rivas contra a empresa Área Deportes Capitán, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 22 de maio de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Carmen María Fraga Rivas fronte á empresa Área Deportes Capitán, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Área Deportes Capitán, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cento cincuenta e dous euros con oitenta céntimos de euro (1.152,80 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

– Condénase a empresa Área Deportes Capitán, S.L. ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios de letrado ou graduado social ata o límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Área Deportes Capitán, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 28 de maio de 2018

A secretaria xudicial