Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29331

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (654/2017).

José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio número 654/2017 seguido por instancia de Caridade Ana Beceiro Menéndez fronte a Francisco Javier Rubín Garrido ditouse sentenza o 22 de maio de 2018, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolución:

Debo estimar e estimo en parte a demanda presentada por Caridad Ana Beceiro Menéndez contra Francisco Javier Rubín Garrido e:

1. Declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído por Francisco Javier Rubín Garrido e Caridade Ana Beceiro Menéndez, o día 30 de decembro de 1978, inscrito en rexistro civil de Ferrol no tomo 94, páxina 325, da sección 2ª.

2. Atribúo o uso e desfrute da vivenda e enxoval familiar á demandante, sen prexuízo de terceiro e en canto non teña lugar a liquidación do réxime matrimonial.

3. Fixo unha pensión compensatoria a favor da demandante e a cargo do demandado de 300 euros mensuais que se ingresará os tres primeiros días de cada mes, con actualización anual na mesma proporción que o verifique a pensión contributiva do demandado.

4. Non procede realizar pronunciamento en custas da instancia.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá dentro do prazo de vinte días.

E, encontrándose o devandito demandado, Francisco Javier Rubín Garrido, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 28 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza