Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29330

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (143/2017).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, letrado da Administración de xustiza, por este edicto fago constar que na Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACN) 143/2017 (dimanante do procedemento ordinario nº 352/2015 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui), en que é apelante a entidade Verti Aseguradora Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. e apelados a entidade Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. e José Antonio Corgo Solleiro, nos cales, con data do 3 de maio de 2018, se ditou sentenza cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta sección terceira, sita en Pontevedra na rúa Rosalía de Castro, nº 5-2º, á disposición das partes.

Para que conste e lle sirva de notificación a José Antonio Corgo Solleiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Pontevedra, 9 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza