Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de maio de 2018 pola que se notifica a resolución de declaración de caducidade do expediente POL/59/2017.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 15 de marzo de 2018, ditou resolución polo que se declara a caducidade do expediente POL/59/2017 e o arquivamento das actuacións, en relación coas obras consistentes na construción de dúas vivendas unifamiliares, tres edificacións auxiliares e dúas soleiras, no lugar de Bizocas, San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros de María Teresa Argibay García, Ana María Pérez Oubiña, Marina Pérez Oubiña e Jorge Pérez Rivas, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, á escolla deste, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística