Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 29000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de maio de 2018 pola que se notifica a resolución de incoación de expediente de restitución e reposición da legalidade derivada do expediente POL/17/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 18 de abril de 2018, ditou resolución pola que se incoa expediente de restitución e reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción de dúas vivendas unifamiliares, tres edificacións auxiliares e dúas soleiras, no lugar de Bizocas, San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de María Teresa Argibay García, Ana María Pérez Oubiña, Marina Pérez Oubiña e Jorge Pérez Rivas, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística