Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 316/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 316/2017 por instancia de Rosario Huertas Garabana contra as empresas Servicios Integrales Breamo, S.L.U., A.F. Aspon, S.L., Asesoría Pontedeume, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales de ditou a Dilixencia de ordenación do 27 de marzo de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza:

Rosana Corral García.

Na Coruña o 27 de marzo de 2018.

Tendo optado Servicios Integrales Breamo, S.L.U. mediante escrito do 27 de marzo de 2018, dentro do prazo fixado pola lei, pola indemnización, acordo:

Ter por realizada a dita opción.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Asesoría Pontedeume, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza