Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28812

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2018 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de médico/a de empresa, grupo I, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 19 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 19 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño) para cubrir unha praza da categoría profesional de médico/a de empresa, grupo I, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de médico/a de empresa á persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela), no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: médico/a de empresa.

Quenda: acceso libre.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: Tallón Nieto, María Ángeles Hortensia.

DNI: *****661Y.