Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (386/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 386/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Seoane Lorenzo contra o Fondo de Garantía Salarial e Gonzalo Lara Magnet sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Susana Seoane Lorenzo, contra o empresario individual Gonzalo Lara Magnet e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Gonzalo Lara Magnet a que aboe ao demandante a cantidade de 1.938,92 € brutos por salarios percibidos en setembro de 2016, e parte proporcional pagas extras (verán, Nadal e setembro) de 2016, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 957,44 € en concepto de indemnización derivada de finalización de contrato temporal, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gonzalo Lara Magnet, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A letrada da administración de xustiza