Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (374/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 374/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Naya Pérez contra Autoescola Sada, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María Naya Pérez contra a entidade Autoescuela Sada, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Autoescuela Sada, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 17.112,48 € por indemnización por despedimento.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Autoescola Sada, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza