Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (425/2017).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 425/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Martínez Fernández contra Barmarta, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sandra Martínez Fernández contra a entidade Barmarta, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Barmarta, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.240,28 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en xuño e xullo de 2016, ambos os dous incluídos, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 174,24 € como indemnización por fin de contrato, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Barmarta, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza