Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do soar sito no Camiño da Aldea, número 23.

Mediante o Acordo do Pleno, do 30 de abril de 2018, aprobouse definitivamente o estudo de detalle do soar sito no Camiño da Aldea, número 23, no concello de Cervo, co obxecto de delimitar aliñacións e rasantes para execución dun garaxe. O que se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento. O acordo literal é o seguinte:

«1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por José Eugenio Lage Fernández e redactado polo arquitecto Santiago Sánchez Escourido, con data do 22 de xuño de 2017, presentado no concello o 3.8.2017 (R.E. 2017), para poder delimitar as aliñacións, rasantes e aproveitamentos que se pretende realizar no soar na rúa A Aldea, número 23, na zona antiga de Cervo (Lugo), con referencia catastral 8758609PJ2385N0001QP, para poder executar sobre el unha edificación dunha planta para destinala a garaxe.

2º. Este acordo notificaráselles persoalmente aos interesados e publicarase, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o índice de planos, no Boletín Oficial da provincia.

3º. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia».

O documento deste estudo de detalle estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello: http://cervo.sedelectronica.es

Contra este acordo interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cervo, 9 de maio de 2018

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde