Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2018.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 10 de maio de 2018, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Cabanas para o exercicio 2018 que comprende as prazas que a continuación se citan, en cumprimento do establecido no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

A) Persoal funcionario.

Escala/Categoría/denominación do posto

Número vacantes

Grupo

Subgrupo

Acceso

2. Escala de Administración xeral:

2.1. Subescala técnica:

Técnico/a de xestión

1

A

A2

Libre

3. Funcionarios Administración especial:

3.1. Servizos especiais: policía local:

3.1.a) Escala básica:

Categoría oficial: oficial policía local

1

C

C1

Promoción interna

B) Persoal laboral

Área/Servizo/Denominación do posto

Número

vacantes

Grupo

Acceso

3. Obras e servizos:

b) Obras

Peón

1

V

Libre

Na mesma resolución modifícase a oferta de emprego público de 2016, excluíndo praza de administrativo de Secretaría por non se ter convocado a súa provisión e ser declarada a extinguir.

Cabanas, 10 de maio de 2018

Germán Castrillón Permuy
Alcalde