Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27065

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais e se abre o prazo de presentación de solicitudes para a incorporación a novas categorías profesionais desta empresa.

O director-xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección de persoal temporal en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), así como a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación a novas categorías profesionais da empresa pública Seaga.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.