A dirección xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., de conformidade co establecido no artigo 110.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e en virtude das atribucións outorgadas polo Consello de Administración na súa sesión do 30 de marzo de 2017, en materia de selección e contratación de persoal,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a elaboración de listas de contratación temporal para as categorías de:
• Oficial de comunicacións CEXAR (Ref. BET-OC).
• Oficial de comunicacións centros emisores (Ref. BET-OCCE).
• Técnico de comunicacións (CEXAR e centros emisores) (Ref. BET-TC).
Segundo. Outorgar un prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte á publicación da presente Resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.
Terceiro. As instancias dirixiranse á dirección xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., e presentaranse de conformidade co establecido nas bases que regulan a convocatoria.
Cuarto. As bases da convocatoria poderán consultarse na páxina web: http://www.retegal.es/gl/transparencia/proceso-bolsas-de-emprego-2018 ou nas dependencias da sociedade sitas en: Complexo de San Marcos (Edificio Multiúsos). Bando-San Marcos, 15820 Santiago de Compostela (A Coruña).
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018
Miguel Rodríguez Quelle
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.