Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na atención presencial e do teléfono de atención ao consumidor en Galicia (expediente 01/2018 IGCC).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) Número de expediente: 01/2018 IGCC.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=239860

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na atención presencial e do teléfono de atención ao consumidor en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3. Outros servizos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 29.12.2017, 3.1.2018 e 12.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.200.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 600.000 euros (IVE excluído). IVE: 126.000 euros. Importe total: 726.000 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13.4.2018.

b) Data de formalización do contrato: 14.5.2018.

c) Contratista: Centro de Atención de Llamadas, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 496.320 euros. Importe total: 600.547,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia