Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento dos edificios, equipamentos e instalacións do Hospital Provincial de Pontevedra (expediente AB-EIP1-17-017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-17-017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento dos edificios, equipamentos e instalacións do Hospital Provincial de Pontevedra, centro dependente da EOXIPS.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7; 50000000-5.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 6.10.2017 (DOUE); 17.10.2017 (BOE) e 26.10.2017 (DOG).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 499.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 499.000,00 €.

b) Importe total: 603.790,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 9 de marzo de 2018.

c) Contratista: Veolia Servicios Norte, S.A.U. (CIF: A15208408).

d) Importe de adxudicación:

1º. Importe neto: 472.225,00 €.

2º. Importe total: 571.392,25 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 16 de abril de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés