Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada o día 11 de maio de 2018, no proceso de execución seguido por instancia de Marcelo Cachafeiro Silveiro, contra Turmens Logística Urgente, S.L. rexistrado co número 61/2018, se acordou citar a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 11 de xuño de 2018, ás 9.30 horas, para a celebración da oportuna comparecencia. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que o dito acto non se suspenderá por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e auto en que se despacha execución e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para a comparecencia, co obxecto de que, trasladada tal intención ao executante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto da comparecencia de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente notifícase o auto en que se despacha execución, ditado nesta execución, e cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante, Marcelo Cachafeiro Silveiro, contra Turmens Logística Urgente, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdicción social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación e citación a Turmens Logística Urgente, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza