Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (ETX 63/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 11 de maio de 2018 no proceso de execución seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi, contra Quatro Print, S.L., rexistrado co número 63/18, acordouse citar a Quatro Print, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígodo das Fontiñas, CP 15707 o día 7 de xuño de 2018 ás 9.10 horas para a celebración da oportuna comparecencia, que pode efectuar persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, acudindo con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que devandito acto non se suspenderá por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e auto de despacho de execución e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para a comparecencia, con obxecto de que, trasladada tal intención ao executante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto da comparecencia de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Igualmente, notifícase o auto de despacho execución, ditado na presente execución, e cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Fernando Oribe Devincenzi fronte a Quatro Print, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación e citación a Quatro Print, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza