Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración, instalación e posta en marcha de pantallas para mellorar a información á poboación ante fenómenos meteorolóxicos extremos e outros temas de interese e seguridade para a cidadanía, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 20/2017 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=241436

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de pantallas para mellorar a información á poboación ante fenómenos meteorolóxicos extremos e outros temas de interese e seguridade para a cidadanía.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 35261100-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 178.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 178.500,00 €. Importe total: 215.985,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 7 de maio de 2018.

c) Adxudicataria: Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 150.726,33 €. Importe total con IVE: 182.378,86 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio