Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2017/853-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CTC Soutelo II.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-110, de 47 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 98 do tramo ROS8148017 e final no apoio proxectado C-1000/14 nº 99. LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 834 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 99 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado en Soutelo, Goian, concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 30 de abril de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Tomiño; lugar: Soutelo; titular: descoñecido; afección: 1,44 m2 para un apoio e 17,4 m2 para canalización subterránea e rede de terras.

Predio 2. Municipio: Tomiño; lugar: Soutelo; titular: Máximo Fernández Fernández; afección: 16,81 m2 para o centro de transformación e 5,28 m2 para liña subterránea.