Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2018/002-1).

Expediente: IN407A 2018/002-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT DC SAD708/SAD709 Castro de Xaz.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O 12 de xaneiro de 2018 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203 do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Retensado do tramo da liña de media tensión aérea DC SAD708/SAD709 entre apoios D2 e D3 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 85 m, con orixe no apoio D2 existente da LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709, condutor tipo PAS-120 mm2 Al (existente), e final no apoio D3 proxectado da LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709.

Retensado do tramo da liña de media tensión aérea DC SAD708/SAD709 entre apoios D6/1 e D7 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 41 m, con orixe no apoio D6/1 proxectado que se intercala na LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709, condutor tipo PAS-120 mm2 Al (existente), e final no apoio D7 existente da LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709.

Tramo da liña de media tensión soterrada SAD708 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 960 m, con orixe no paso de aéreo a soterrado que se vai realizar no apoio D3 proxectado que substitúe o existente da LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio D6/1 proxectado que se vai intercalar na LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709.

Tramo liña de media tensión soterrada SAD709 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 960 m, con orixe no paso de aéreo a soterrado que se realizará no apoio D3 proxectado que substitúe o existente da LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio D6/1 proxectado que se vai intercalar na LMT. DC (expediente 197/94) que forman as liñas SAD708 e SAD709.

Desmantelamento do tramo de liña aérea DC entre os novos apoios D3 e D6/1 proxectados.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 171.411,43 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña