Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (Aces-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación do artigo 7 dos estatutos da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (Aces-Galicia), que consiste no cambio de domicilio social que pasa a ser na rúa Taboada Leal, 15 entrechán, 36203 Vigo.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse, como membros de pleno dereito da asociación, as empresas executivas ou centros pertencentes a cooperativas de calquera clase, sociedades anónimas laborais, sociedades de responsabilidade limitada laborais, mutuas, mutualidades, asociacións, fundacións e calquera outra entidade pertencente á economía social que desenvolvan a súa actividade docente no ámbito territorial desta.

– Asinantes: Miguel Anxo Filgueira Touriño (presidente) e Mª Lourdes Vázquez Martínez (secretaria).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego