Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25617

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (F04 390/2017).

F04 peza de medidas provisionais coetáneas 390/2017 0001

Procedemento de orixe: divorcio contencioso 390/2017

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: María Jesús Castro Pailos

Procurador: José Antonio Domínguez Pallas

Avogada: María de la Concepción Pérez Iglesias

Demandado: José Antonio García Parafita

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto 59/2018

Xuíz: Jorge Hernández García

Carballo, dezaseis de marzo de dous mil dezaoito

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Adoptar as seguintes medidas provisionais entre os cónxuxes, María Jesús Castro Pailos e José Antonio García Parafita, que son:

1º. Separación provisional de ambos os dous cónxuxes.

2º. Revogación dos consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes tivesen outorgado ao outro.

3º. A garda e custodia dos fillos comúns atribúeselle a María Jesús Castro Pailos, e queda compartida a patria potestade.

4º. Atribúeselles aos fillos dos litigantes e a María Jesús Castro Pailos o uso e desfrute do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

5º. Non se establece réxime de comunicación, estadía e vistas entre os fillos menores e José Antonio García Parafita.

6º. José Antonio García Parafita deberá aboar en concepto de contribución de cargas do matrimonio unha cantidade de 460 euros mensuais para os seus dous fillos (230 para cada un deles), que se fará efectiva dentro dos cinco primeiros de cada mes na conta bancaria que designe María Jesús Castro Pailos. A dita cantidade será revisada anualmente conforme o índice de prezos de consumo, tomando como base de revisión a cantidade que se estivese a pagar no momento de efectuar estas. A cantidade comeza o seu cómputo desde a data de novembro de 2017, primeiro mes posterior á interposición da demanda (interpúxose o 10 de outubro de 2017).

Así mesmo, deberá contribuír aos gastos extraordinarios e, en todo caso, deberá de ser xustificado o seu importe e a súa devindicación conforme as seguintes regras:

Os que teñan unha orixe médica ou farmacéutica e os que, téndoa lúdico ou académica, acordasen a súa realización ambos os dous proxenitores, ou no seu defecto fosen acordados xudicialmente, serán aboados por ambos os dous proxenitores por metades.

Os que teñan a súa orixe lúdica ou académica e non conten para a súa realización co acordo de ambos os dous proxenitores ou coa autorización xudicial supletoria serán aboados por aquel que determine a súa realización.

Prevense ao obrigado que incumprir tal pagamento pode xerar responsabilidades penais.

2. Déixese testemuño desta resolución na presente peza, así como no procedemento principal do que dimana, e lévese o orixinal ao libro rexistro correspondente.

Modo de impugnación: non cabe recurso ningún.

Así o acorda e asina o xuíz. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio García Parafita, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Carballo, 26 de abril de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza