Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25619

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (294/2017).

Modificación de medidas suposto contencioso (MMC) 294/2017

Sobre: outras materias

Demandante: María Vanesa Goyanes Álvarez

Procuradora: María Luisa López Vizcaíno

Demandado: Adrián Sández Saavedra

Eu, María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria.

Dou fe: de que no procedemento de xuízo verbal número 294/2017, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva desta son do teor literal seguinte:

Sentenza. En Sarria o cinco de marzo de dous mil dezaoito. Vistos por min, Cristina Bustabad Pérez, xuíza do xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os autos de xuízo de modificación de medidas seguidas co número 294/2017 por instancia María Vanesa Goyanes Álvarez, representada pola procuradora María Luisa López Vizcaíno e asistida polo letrado Diego Regueira Díaz, contra Adrián Sández Saavedra, declarado en situación de rebeldía procesual, e coa intervención do Ministerio Fiscal. Decido: que debo admitir e admito a demanda interposta por María Vanesa Goyanes Álvarez fronte a Adrián Sández Saavedra. En consecuencia, debo declarar e declaro a modificación das medidas adoptadas no seu día e acordo como novas medidas as seguintes: 1. A privación da patria potestade sobre o menor Ángel Sández Saavedra por parte do seu pai. A patria potestade exerceraa exclusivamente a nai, María Vanesa Goyanes Álvarez. 2. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á nai, e suspéndense as visitas entre o menor e o seu pai. Todo iso sen expresa imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e infórmeselles de que esta non é firme e de que contra ela poderán interpor recurso de apelación en prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, que resolto, se é o caso, pola Audiencia Provincial de Lugo. Líbrese e únase certificación desta sentenza ás actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Cristina Bustabad Pérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Sarria.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Adrián Sánchez Saavedra, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 12 de marzo de 2018

A secretaria xudicial