Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 157/2017).

Procedimiento ordinario (PO) 157/2017

Sobre: ordinario

Demandante: Manuel Mato Vicente

Avogada: Ana Isabel Lorenzo Fraga

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Micar Estrada de Construcciones, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 157/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mato Vicente contra a empresa Micar Estrada de Construcciones, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza con data 9 de novembro de 2017, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial. Contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, deberase anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza e deberá consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de abril de 2018

O letrado da Administración de xustiza