Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25579

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de maio 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal encargado da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia, do 16 de abril).

En cumprimento do sinalado na base sétima da Orde do 20 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia, do 16 de abril) pola que se convoca o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal encargado da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, coa seguinte composición:

Presidente:

– Gustavo Lorenzo Prozzo, funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación.

Vogais:

– Jesús María Risueño López, funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación.

– Fernando Fernández Fraga, funcionario de carreira do corpo de inspectores de Educación.

– Martín Manuel Leránoz Iglesias, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela.

– Marco Lucato, profesor titular da Universidade de Vigo.

Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituirase o tribunal no prazo máximo de cinco días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sendo precisa a asistencia do presidente ou da presidenta titular e de, polo menos, tres vogais.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento do procedemento selectivo.

Actuará como secretario ou secretaria o/a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

Segundo. As persoas membros do tribunal absteranse de intervir de concorrer algunha das circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, deberán absterse de actuar aquelas persoas membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar as persoas membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño), este tribunal considérase incluído na categoría primeira.

O tribunal terá dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no citado Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos