O máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016).
Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,
RESOLVO:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.
A Coruña, 30 de abril de 2018
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria pola Universidade da Coruña
Código RUCT: 4315773
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).
1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB)……..….……………...……..........… |
66 |
Optativas (OP)...………..........……………….......…… |
30 |
Prácticas externas (PE)...………............……………… |
12 |
Traballo fin de máster (TFM)……...…………...........… |
12 |
Total ..........................………………..…...............……. |
120 |
3. Especialidades do título:
– Migracións.
– Xénero.
– Envellecemento e Transformacións Familiares.
O alumnado pode elixir realizar os 30 créditos ECTS optativos correspondentes a un único módulo dos tres optativos e obter o título cunha das especialidades indicadas anteriormente, ou ben elixir os ditos 30 créditos entre o total dos créditos ofertados nos tres módulos optativos e así obter o título sen especialidade.
4. Contido do plan de estudos:
1º curso.
Módulo |
Materia |
Créditos ECTS |
Carácter |
Módulo teórico |
Políticas Sociais en Perspectiva Comparada |
6 |
OB |
Austeridade e Precariedade na Era da Globalización |
6 |
OB |
|
Modelos de Provisión do Benestar |
6 |
OB |
|
Dimensión Ética e Procesos Educativos na Acción Social |
6 |
OB |
|
Pobreza e Desigualdade: Debates, Medicións e Identificación de Grupos en Risco de Exclusión |
6 |
OB |
|
Identidade, Alteridade e Interseccionalidade |
6 |
OB |
|
Módulo metodolóxico |
Fontes de Información e Técnicas Estatísticas para a Análise das Políticas Sociais |
6 |
OB |
Técnicas Cualitativas para a análise dos Discursos e as Realidades Sociais |
6 |
OB |
|
Deseño, Xestión e Avaliación de Políticas Sociais |
6 |
OB |
|
Investigación-Acción Participativa, Acción Comunitaria e Xestión das Organizacións Sociais |
6 |
OB |
2º curso.
Módulo |
Materia |
Créditos ECTS |
Carácter |
Módulo optativo de migracións |
Integración e Convivencia Intercultural |
4,5 |
OP |
Políticas Migratorias e Dereito das Migracións |
6 |
OP |
|
Historia e Teorías dos Movementos Migratorios |
6 |
OP |
|
O Modelo Migratorio Español |
3 |
OP |
|
Cooperación, Migración e Desenvolvemento |
4,5 |
OP |
|
Migracións e Mercado de Traballo |
6 |
OP |
|
Módulo optativo de xénero |
Historia das Teorías Feministas |
6 |
OP |
Xénero, Traballo e Coidados |
6 |
OP |
|
Xénero e Sexualidade. Desafíos e Respostas |
3 |
OP |
|
Distintas Formas de Violencia contra as Mulleres |
3 |
OP |
|
Orientación Socioeducativa para a Igualdade |
6 |
OP |
|
Políticas de Igualdade |
6 |
OP |
|
Módulo optativo de envellecemento e transformacións familiares |
Cambios Sociodemográficos e Territoriais |
6 |
OP |
Políticas de Atención ás Persoas Maiores |
6 |
OP |
|
Diversidade Familiar, Relacións Interxeneracionais e Mediación Familiar |
6 |
OP |
|
Intervención Socioeducativa con Persoas Maiores |
6 |
OP |
|
Aspectos Socioeconómicos da Vellez |
6 |
OP |
|
Módulo de TFM e prácticas externas |
Deseño de Proxectos e Traballos de Investigación |
3 |
OB |
Taller de Actualización e Transferencia |
3 |
OB |
|
Prácticas externas |
12 |
PE |
|
Traballo fin de máster |
12 |
TFM |
A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e en cada curso existe un equilibrio de créditos entre o primeiro e o segundo cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.
5. Condicións de terminación:
O alumnado deberá superar 120 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.