Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25572

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos.

O máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 30 de abril de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola
Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315888

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)..................................................................

30

Optativas (OP)......................................................................

30

Prácticas externas (PE)........................................................

12

Traballo fin de máster (TFM).................................................

18

Total.......................................................................................

90

3. Contido do plan de estudos

1º. Curso.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Común

Turismo e Desenvolvemento Sostible: a Calidade dos Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Cambio Social, Tendencias do Consumo Turístico e Comportamento do Consumidor

OB

3

Promoción e Comercialización de Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas

OB

3

Novas Tecnoloxías aplicadas a Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Planificación e Xestión de Plans de Turismo. O Papel das Organizacións Públicas e Privadas

OB

6

Orientación Investigadora

O Proceso de Investigación en Turismo: Tipos, Estrutura e Fases

OP

6

Técnicas Cualitativas Aplicadas ao Turismo

OP

6

Programa para Análise de Datos Cualitativos con Exemplos de Turismo

OP

6

Técnicas Cuantitativas Aplicadas ao Turismo

OP

6

Programa para Análise de Datos Cuantitativos con Exemplos de Turismo

OP

6

Orientación Profesional

Elaboración de Plans Estratéxicos de Desenvolvemento Turístico: Estrutura, Contidos e Metodoloxía

OP

6

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Congresos e Convencións

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Saúde e Termal

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Gastronómicos e Enolóxicos

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Patrimonio Cultural e Natural

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Espirituais

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Deportivos

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos para Grupos Especiais

OP

3

2º. Curso.

Módulo

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Común

Prácticas externas

18

PE

Traballo fin de máster

12

TFM

O máster consta de dúas orientacións que se deben entender como dúas posibles vías formativas. O alumnado pode elixir unha desas orientacións e realizar os 30 créditos optativos que se ofertan por orientación, ou ben realizar unha opción mixta en que o alumnado ten que escoller 30 créditos optativos dos 60 que se ofertan entre as dúas orientacións.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das disciplinas.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no número 2, para obter o título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos.