Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Josefina Rodríguez Rodríguez.

A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, por Resolución do 15 de febreiro de 2048, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de Josefina Rodríguez Rodríguez, veciña da Guarda e falecida no municipio da Guarda (Pontevedra) o 10 de febreiro de 2015.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 269 da Lei 2/2006, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados no lugar da última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Josefina Rodríguez Rodríguez, falecida no municipio da Guarda (Pontevedra) o 10 de febreiro de 2015, formulen as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza nº 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda