Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 4/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 9 de abril de 2018 no proceso seguido por instancia de Abdelghani Bendarma contra o Instituto Social da Mariña e MNF Mar, S.L., rexistrado co número SSS 4/2017, se acordou notificar parte dispositiva de autos de data 9 de abril de 2018, ditado no procedemento a MNF Mar, S.L., en ignorado paradoiro:

«Auto 33/2018

Seguridade Social (SSS) 4/2017

Parte dispositiva:

Dispoño ter por desistido a Abdelghani Bendarma da súa demanda interposta tanto fronte ao Instituto Social da Mariña (tamén ISM) como fronte á mercantil MNF Mar, S.L.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que lle sirva de notificación a MNF Mar, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza