Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de elaboración de preparados de produtos do mar que Pescanova España, S.L.U. posúe no concello de Redondela, provincia de Pontevedra (expediente 2016-IPPC-I-87).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

• «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitude da autorización ambiental integrada dunha planta de elaboración de preparados de produtos do mar.

• Promotor: Pescanova España, S.L.U.

• Localización: rúa José Fernández López s/n; Chapela, Redondela, Pontevedra».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Prevencion_e_control_de_actividades?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/seccion.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Autorizacion_ambiental_integrada/dinamico/listado_ippc_central.html

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-I-87.

Peticionario: Pescanova España, S.L.U.

CIF: B94123916.

Domicilio social: rúa José Fernández López, s/n, 36320 Chapela, Redondela, Pontevedra.

Localización da instalación: rúa José Fernández López, s/n, 36320 Chapela, Redondela, Pontevedra. Coordenadas UTM (FUSO 29, DATUM ETRS89): X: 527259, Y: 4680378.

Actividade: englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.i). Planta de elaboración e preparados de produtos do mar.

Xustificación: a instalación leva en funcionamento desde o ano 1964 e o motivo de que se solicite a AAI é unha ampliación da capacidade produtiva por novos equipamentos que incorporarán ao proceso.

Descrición: Pescanova España, S.L.U., centro industrial de Chapela, sitúase nunha parcela de 56.322 m2; a instalación ocupa unha extensión de 23.011 m2.

A actividade desenvólvese nun edificio principal que consta de varias plantas no cal ten lugar o proceso produtivo da factoría. Neste edificio tamén se atopan almacéns de materias primas, envases, cámaras de conxelados, depósitos de aceite vexetal, residuos perigosos, oficinas, laboratorio. En zonas anexas a este edificio hai unha sala de máquinas de instalación de frío, depósitos de amoníaco. Anexos ao edificio principal están o peirao de descarga de materia prima e outros servizos.

Existe un edificio auxiliar en que se sitúan, entre outros, o taller de mantemento, o servizo médico, o comedor e a cociña.

Outras instalacións auxiliares son a planta de coxeración, a depuradora de augas residuais, a planta potabilizadora, o almacén de residuos non perigosos e a caseta para báscula de camións.

O proceso produtivo de Pescanova España nestas instalacións céntrase na produción de:

– Surimi: sete liñas para elaboración de distintos tipos e formatos de produtos.

– Paella: o proceso consiste na elaboración e envasado dun caldo e o posterior envasado con varios produtos da pesca e vexetais conxelados.

– Produtos da pesca: o proceso consiste no envasado de produtos da pesca (filete, toro…) logo de cortalos e/ou glasealos.