Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22377

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (639/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 639/2016, seguidos por instancia de Xacobeo Motor, S.L., baixo a asistencia letrada de Sr. Pereira Garrido, contra José Manuel Santos Carracedo, en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva.

Estímase integramente a demanda presentada por Xacobeo Motor, S.L. e, en consecuencia, condénase o demandado José M. Carracedo Santos a aboar á demandante a cantidade de mil novecentos seis euros e oitenta e un céntimos (1.906,81 €), máis o xuro legal da devandita cantidade contado desde a data de reclamación extraxudicial, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe recurso de apelación.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Manuel Santos Carracedo, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza